castrosarridal.es utiliza cookies de terceros. [ Acepto ]

Castro Sarridal

Turismo Concello de Cedeira

Punta Sarridal

A historia da Punta Sarridal comeza no período denominado Protohistoria. Este corresponde á transición entre a Prehistoria e a Historia, e non presenta testemuños escritos.

O Castro Sarridal é a primeira evidencia de ocupación deste enclave, e desenvólvese dentro do marco da Cultura Castrexa.

Cultura Castrexa

A cultura castrexa iníciase o redor do século IX a.C. co paso da Idade de Bronce á Idade do ferro. Desenrólase en Galicia, o norte de Portugal e o occidente de Asturias, León e Zamora. Presenta tres fases ben diferenciadas:

  1. Inicio da Cultura Castrexa: séculos IX – V a.C.
  2. Segunda fase: séculos V – II a.C.
  3. Fase final ou Galaicoromana: séculos II a.C. – I d.C.

Prodúcese un incremento da complexidade social, reflictida entre outros aspectos, na producción metalúrxica. A población inicia un lento proceso de fixación ao territorio ou sedentarismo, onde o control da terra e da súa productividade xeran maior riqueza e o desenvolvemento dunha sociedade agrícola xerarquizada.

Xeneralízanse os poboados fortificados ou Castros.

Castro Sarridal excavaciones - Turismo Cedeira

O Castro Sarridal

O Castro Sarridal, a raíz das escavacións arqueolóxicas realizadas, enmárcase na segunda fase da cultura castrexa, chegando ata a etapa galaicoromana, entorno aos séculos I-II d.C. puidendo pervivir o uso dalgunhas estruturas durante a etapa xermánica, aínda que con usos moi distintos aos orixinais.

Posteriormente o castro abandónase por completo ata as sondaxes arqueolóxicas de 2017.

Presenta un sistema defensivo con dous profundos fosos e dúas murallas, así como a vantaxe da súa localización na península do Sarridal, rodeada de cantís.

O elemento arquitectónico mais destacado é o “Monumento con Forno”, unha estructura adicada aos baños de vapor que conta cunha complexa arquitectura. Ten una antigüidade de 2.250 anos según a datación por carbono 14, o que o sitúa entorno ao ano 230 a.C.

Castro Sarridal Cedeira Turismo

O Castelo

O “Castelo da Concepción” foi construido no ano 1.747 a raíz dun ataque inglés á Ría de Cedeira. Foron os propios veciños da zona os que axudaron a levantalo grazas os 9.000 reais procedentes da coroa, pola necesidade dunha maior fortaleza defensiva.

Ademais do Castelo, construíuse tamén a batería de Sarridal, a poucos metros, como primer emplazamento defensivo.

Na década de 1.990 levouse a cabo a reconstrucción e restauración do Castelo.

Castro Sarridal Mapa Antiguo Cedeira Turismo

Actualidade

Na actualidade a Punta Sarridal constitúe un magnífico enclave turístico e natural.

Unha ruta que combina natureza e historia, onde os visitantes poden observar os restos arqueolóxicos do Castro Sarridal, baixar á espectacular Praia de Sonreiras, sentarse nun dos famosos bancos galegos situados fronte ao océano ou visitar o museo e o centro de interpretación que alberga o Castelo da Cancepción.