castrosarridal.es utiliza cookies de terceros. [ Acepto ]

Castro Sarridal

Turismo Concello de Cedeira

Intervencións Arqueolóxicas

Ata o de agóra realizáronse 4 campañas de intervención arqueolóxica no Castro Sarridal, financiadas polo Concello de Cedeira e pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

Estas campañas, dirixidas por Emilio Ramil, deron moi bos resultados tanto dende o punto de vista da conservación dos elementos arquitectónicos, como dende o punto de vista da investigación histórica do noroeste peninsular.

Esta serie de campañas remataron no ano 2018 coa consolidación e posta en valor do “Monumento con Forno”, elemento que despertou o interese xeral da sociedade e que hoxe atópase totalmente visitable para o público.

1ª Campaña

No verán de 2017 realizáronse cinco sondaxes arqueolóxicas para comprobar o estado de conservación do Castro Sarridal. Distribuíronse intentando abarcar suficiente territorio e colocáronse nas zonas mais “prometedoras”.

Das cinco catas de 2x2 metros realizadas, dous delas deron resultados estructurais. Sen embargo puido constatarse a pervivencia de estructuras arquitectónicas así como avanzar na investigación sobre o desenrolo do castro, avanzando unha primeira datación xenérica, realizada a través dos fragmentos cerámicos atopados, así como polo tipo de estructura.

Campaña Intervención Arqueolóxica
Campaña Intervención Arqueolóxica
Campaña Intervención Arqueolóxica

2º Campaña

Na segunda campaña de intervención arqueolóxica decidiuse realizar una escavación en área nunha das catas que dera resultados, a mais cercana á muralla defensiva interior ou primeira muralla, así coma comprobar o estado de conservación da mesma.

Foi na segunda intervención na que chegouse á conclusión de que a estructura que se estaba desenterrando era un “Monumento con Forno”. Sacouse á luz gran parte da estructura, escavóuse a cámara chegando ata o enlousado do chan e escaváronse tamén a antecámara e o forno parcialmente. Delimitouse o ancho da estructura e desenterráronse dous muros exteriores.

2 Campaña Intervención Arqueolóxica
2 Campaña Intervención Arqueolóxica
2 Campaña Intervención Arqueolóxica
2 Campaña Intervención Arqueolóxica

3º Campaña

Na terceira campaña arqueolóxica realizada sacouse á luz prácticamente a totalidade do monumento. Vaciouse a antecámara ata chegar ao enlousado, vaciouse o forno e escavouse e vaciouse a zona de alimentación. Sacouse á luz o empedrado exterior que leva ó monumento. Especial mención requiren o achádego dun cóitelo de bronce e una peza de muíño integrada no empedrado, seguramente reutilizada coma base de poste.

3 Campaña Intervención Arqueolóxica
3 Campaña Intervención Arqueolóxica
3 Campaña Intervención Arqueolóxica
3 Campaña Intervención Arqueolóxica
3 Campaña Intervención Arqueolóxica
3 Campaña Intervención Arqueolóxica
3 Campaña Intervención Arqueolóxica
3 Campaña Intervención Arqueolóxica
3 Campaña Intervención Arqueolóxica

4º Campaña

Na cuarta e última intervención arqueolóxica no Castro Sarridal escaváronse as entradas tanto á zona de alimentación como á antecámara. Escavóuse o paso da antecámara á cámara e descubriuse una canalización externa e parte dun muro dunha estructura que semella circular.

Ó mesmo tempor levouse a cabo a consolidación e restauración dos elementos mais débiles da estructura arquitectónica. Púxose especial atención no arco de paso da antecámara á cámara, ao banco situado na antecámara e ao forno.

4 Campaña Intervención Arqueolóxica
4 Campaña Intervención Arqueolóxica
4 Campaña Intervención Arqueolóxica
4 Campaña Intervención Arqueolóxica
4 Campaña Intervención Arqueolóxica
4 Campaña Intervención Arqueolóxica
4 Campaña Intervención Arqueolóxica
4 Campaña Intervención Arqueolóxica