castrosarridal.es utiliza cookies de terceros. [ Acepto ]

Castro Sarridal

Turismo Concello de Cedeira

O Castelo da Concepción

O Castelo da Concepción foi construido en 1.747 a raíz dun ataque Inglés. Levántase no terreo do Castro Sarridal grazas á concesión de 9.000 reais por parte da coroa. Levantouse tamén a Batería do Sarridal uns metros adiante como primeira liña defensiva.

Durante a guerra de sucesión austríaca, que enfrentaba a Inlgaterra con Francia, “A Flota do Canal” pertencente á mariña real inglesa, decide atacar unha flota composta por barcos españois e franceses que se dirixía ó cercano porto de Ferrol.

Durante ese ataque entran na Ría de Cedeira e saquean a población.

Os habitantes piden entón unha maior seguridade defensiva e maior protección, suceso que desemboca na construcción do Castelo.

O Castelo Concepción Turismo Cedeira

Na década de 1.990 levóuse a cabo a reconstrucción e restauración do Castelo. Esta realizouse mediante o programa do Ministerio de Emprego “Escola Taller”, no que alumnos dos módulos de albañilería, cantería, capintería e forja aprendían o oficio axudando a reconstruir a fortaleza militar. Previamente fíxose unha excavación para sacar á luz os restos soterrados.

Atópase situado enriba do porto pesqueiro de Cedeira, sobre a mesma ría, polo que actualmente é un espléndido mirador.

Ten planta irregular adaptada ao terreo. A entrada faise polo lado sur, o mais elevado, baixando unha cuesta e unhas escaleiras a través das que se accede ao primeiro nivel, onde se atopa a cociña, as dependencias do mando, as da tropa e o polvorín; no nivel inferior sitúanse a garita de vixilancia e unha serie de baterías con troneras abertas en dous frentes.

O Castelo Concepción Turismo Cedeira
Actualmente, no seu interior alberga un centro de interpretación e un museo aberto ó público.