castrosarridal.es utiliza cookies de terceros. [ Acepto ]

Castro Sarridal

Turismo Concello de Cedeira

O Castro

O Castro Sarridal enmárcase na segunda fase da cultura castrexa, entre os séculos V – II a.C. ata a etapa galaico romana, entorno aos séculos I-II d.C. Posteriormente o castro abandónase por completo ata as sondaxes arqueolóxicas de 2017.

O tamaño do castro abarca toda a península do Sarridal, na súa unión coa terra presenta un sistema defensivo con dous profundos fosos e dúas murallas e, ademais, atópase rodeado de cantís.

O elemento arquitectónico mais destacado é o “Monumento con Forno”, unha estructura adicada aos baños de vapor que conta cunha complexa arquitectura.

O Castro Sarridal Monumento o forno - Turismo Cedeira

O Monumento

Os “Monumentos con Forno” son construccións parcial ou totalmente soterradas cunhas características moi especiais dentro da cultura castrexa.

Estas estructuras estaban destinadas aos baños de vapor e cumplían una función social/lúdica como saunas castrexas, equivalentes ás dos actuais balnearios.

O “Monumento con Forno” do Castro Sarridal ten un gran valor, non só cultural ou arquitectónico, senón tamén para a investigación histórica do noroeste peninsular.

A datación por Carbono 14 deu una antigüidade de 2.250 anos, o que nos leva ó redor do ano 230 a.C. Esto a sitúa antes da chegada dos Romanos, o que indica que este tipo de construcción son anteriores, é dicir, castrexas.

En Galicia só hai cinco monumentos desta tipoloxía.

O Castro Sarridal Monumentos o forno - Turismo Cedeira

O monumento sitúase dentro das fortificacións do castro, o lado da muralla interior ou primeira muralla.

Presenta una planta cuadrangular, semisoterrada, con catro partes ben diferenciadas e varios elementos.

En primeiro lugar conta cun empedrado exterior que leva á sauna. Accédese á mesma por una porta a través da antecámara. Esta primeira estancia ou antecámara era un espacio de adaptación cunha temperatura templada. O chan estaba pavimentado con lousas e ten un banco adosado ó muro.

O acceso da antecámara á cámara realizábase a través dun arco. A continuación do arco, a ambos lados do van de entrada, hai dous muros laterais con encaixes para un monolito de pedra cun burato na parte inferior denominado “Pedra Formosa” polo que tiñan que entrar prácticamente acostados.

A cámara era a estancia onde se tomaban os baños de vapor. Era un espazo absolutamente pechado co teito en falsa bóveda. O chan estaba completamente pavimentado con lousas, de tal xeito que podían andar descalzos. Os cantos quentes botábanse á “piscina”, recipiente de lousa recheo de auga fría, e producían o vapor. Para asegurarse de que non saía da estancia colocaron dúas “arquetas”, recipientes de lousa mais pequenos con auga fría, a ambos lados da entrada, de tal xeito que creaban una cortina de vapor.

A cámara comunicábase co forno, do que sacaban os cantos quentes e onde se queimaba o material perecedeiro para quentalos. A continuación do forno atópase a zona de alimentación, recinto semicircular onde acumulaban o material que se botaba ao forno, o cal ten un acceso para poder manexalo e limpalo.

Intervencións Arqueolóxicas

No Castro Sarridal leváronse a cabo catro campañas de intervención arqueolóxica, dirixidas por Emilio Ramil. Nelas sacouse á luz o “Monumento con Forno”, parte da muralla interior ou primeira muralla e detectáronse restos estructurais en distintas zonas do castro. Foi na segunda intervención cando se coñeceu que se estaba a escavar este tipo de estructura. Na cuarta e última intervención ata a hoxe consolidouse o monumento para manter protexida a súa estructura quedando esta visible ao público.

Ó longo destas intervencións atopouse material moi diverso, cabe destacar un coitelo de bronce ou unha peza de muíño integrada na calzada, cunha posible reutilización como base de poste.

No Castro Sarridal fixéronse Intervencións Arqueolóxicas, invitámoste a coñecer máis delas.



Visita virtual