Pertence á tipoloxía de castros peninsulares, maioritarios nas comarcas de Ferrolterra e Ortegal. A súa cronoloxía se enmarca entre os séculos V-II a.C. ata a etapa galaico-romana, en torno os séculos I-II d.C. O castro exténdese por toda a península do Sarridal, aproveitando a vantaxe defensiva da súa situación xeográfica.
Dende 2017, teñen lugar cada ano campañas arqueolóxicas que comezaron cunhas pequenas sondaxes e que hoxe en día inclúen tamén campañas de conservación e restauración das estruturas atopadas.
Entre os principais logros das devanditas campañas atopamos a xoia da coroa, o Monumento con Forno, unha construcción castrexa dedicada ós baños de vapor cunha complexa e rica arquitectura.
Porén, non podemos esquecer os achádegos das murallas defensivas, un coitelo e ata unha moneda de Vibia Sabina, a muller do emperador romano Adriano.
Actualmente, os traballos arqueolóxicos continúan, co patrocinio do Concello de Cedeira e da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.
Coñece a arqueoloxía no Castro Sarridal
Intervencións Arqueolóxicas
Ata o de agora realizáronse 7 campañas de escavación arqueolóxica e tres de consolidación
Sumérxete no mundo dixital
Audiovisual
Manexa a recreación en 3D do Monumento con Forno e a súa infografía. Coñece o castro da man do director das intervencións arqueolóxicas.