Castro Sarridal enmárcase na segunda fase da cultura castrexa, entre os séculos V – II a.C. ata a etapa galaico romana, entorno aos séculos I-II d.C. Posteriormente o castro abandónase por completo ata as sondaxes arqueolóxicas de 2017.

O tamaño do castro abarca toda a península do Sarridal, na súa unión coa terra presenta un sistema defensivo con dous profundos fosos escavados no sustrato, e dúas murallas, dunha gran monumentalidade, chegando a acadar mais de cinco metros de altitude. Ademais, presentaba un sistema de torreones defensivos, unidos á muralla, tanto interiores como exteriores, co obxectivo de reforzar a consistencia e a utilidade destas estruturas. Por último, o castro estaba rodeado de altos cantís, o que o facía inaccesible por mar.

O recinto habitacional, atopábase dentro das murallas, rodeado polos cantís. Contaba cun acceso por terra, pechado cun sistema de portas de madeira. Este recinto habitacional foi mudando ó longo dos séculos, cambiando as formas constructivas e mellorando cada vez mais a súa arquitectura. Este asentamento era relativamente grande, puidendo chegar a albergar a unhas 500 persoas.

A súa actividade centrábase na agricultura, na caza e, por suposto, a pesca. A riqueza das costas de Cedeira ofrecía unha inagotable fonte de sustento que contribuíu en gran medida á pervivencia deste asentamento. A actividade pesqueira nesta vila aínda representa un motor económico a día de hoxe.

O elemento arquitectónico mais destacado é o “Monumento con Forno”, unha estructura adicada aos baños de vapor que conta cunha complexa arquitectura.


Monumento con Forno

Os “Monumentos con Forno” son construccións parcial ou totalmente soterradas cunhas características moi especiais dentro da cultura castrexa.

Estas estructuras estaban destinadas aos baños de vapor e cumplían una función social/lúdica como saunas castrexas, equivalentes ás dos actuais balnearios.

O “Monumento con Forno” do Castro Sarridal ten un gran valor, non só cultural ou arquitectónico, senón tamén para a investigación histórica do noroeste peninsular.

A datación por Carbono 14 deu una antigüidade de 2.250 anos, o que nos leva ó redor do ano 230 a.C. Esto a sitúa antes da chegada dos Romanos, o que indica que este tipo de construcción son anteriores, é dicir, castrexas.

En Galicia só hai cinco monumentos desta tipoloxía.

O monumento sitúase dentro das fortificacións do castro, o lado da muralla interior ou primeira muralla.

Presenta una planta cuadrangular, semisoterrada, con catro partes ben diferenciadas e varios elementos.

En primeiro lugar conta cun empedrado exterior que leva á sauna. Accédese á mesma por una porta a través da antecámara. Esta primeira estancia ou antecámara era un espacio de adaptación cunha temperatura templada. O chan estaba pavimentado con lousas e ten un banco adosado ó muro.

O acceso da antecámara á cámara realizábase a través dun arco. A continuación do arco, a ambos lados do van de entrada, hai dous muros laterais con encaixes para un monolito de pedra cun burato na parte inferior denominado “Pedra Formosa” polo que tiñan que entrar prácticamente acostados.

cámara era a estancia onde se tomaban os baños de vapor. Era un espazo absolutamente pechado co teito en falsa bóveda. O chan estaba completamente pavimentado con lousas, de tal xeito que podían andar descalzos. Os cantos quentes botábanse á “piscina”, recipiente de lousa recheo de auga fría, e producían o vapor. Para asegurarse de que non saía da estancia colocaron dúas “arquetas”, recipientes de lousa mais pequenos con auga fría, a ambos lados da entrada, de tal xeito que creaban una cortina de vapor.

A cámara comunicábase co forno, do que sacaban os cantos quentes e onde se queimaba o material perecedeiro para quentalos. A continuación do forno atópase a zona de alimentación, recinto semicircular onde acumulaban o material que se botaba ao forno, o cal ten un acceso para poder manexalo e limpalo.

  1. ANTECÁMARA – Zona con doble función, vestiario para cambiarse e zona temperada para adaptarse á calor.
  2. CÁMARA – Estancia con función termal, adicada a tomar o baño de vapor seco.
  3. ZONA DE ALIMENTACIÓN DO FORNO – Estancia de almacenamento de materia prima e de traballo de alimentación do forno.
  4. FORNO – Espacio onde se producía a combustión para quentar os cantos rolados.
  5. PISCINA – Tanque de auga onde se producía o vapor ao botar os cantos incandescentes na agua fria.
  6. PEDRA FORMOSA – Monolito de pedra decorada que separaba as dúas estancias e permitía o acceso á cámara.
  7. ENTRADA – Zona de acceso ao edificio a través dun empedrado exterior.

Cronoloxía

Período VI. Inicio da Fase II da Cultura Castrexa (séculos V-IV a.C.) As unidades estratigráficas relacionadas con este periodo teñen relación coa primeira fase de ocupación do castro. Teñen realción con este período a exhumación parcial de muros castrexos, a muralla, o torreón interior, o torreón exterior, o empedrado de acceso tipo grava, o muro interior paralelo á muralla e tres muros parcialmente excavados, rotos pola construcción do monumento con forno.

Período V. Fase II da Cultura Castrexa(Século III a.C.) As unidades estratigráficas de este período teñen relación coa construcción, uso e destrucción do Edificio Público pola construcción do Monumento con Forno. Situámonos en plena Fase II debido á calidade e complexidade construtiva, ó ancho dos muros e ás súas curvas e ó material castrexo recuperado.

Período IV. Fase II da Cultura Castrexa-Inicio Fase III(Séculos III-I a.C.) As unidades estratigráficas relacionadas con este período teñen relación coa construcción, uso e abandono da Sauna Castrexa. Extráese a clasificación deste período das escavacións da cámara e a antecámara, a piscina, o tanque de auga, as arquetas, o rebaixe, das mostras do interior e exterior da zona de alimentación do forno e dos materiais líticos e metálicos.

Período III. Fase Galaico-Romana(Séculos I a.C.-II d.C.) As unidades estratigráficas relacionadas con este período teñen relación coas reformas e uso da sauna castrexa, que afectaron fundamentalmente ó acceso
enlousado e á propia antecámara. Temos material cerámico construtivo, tégula e ímbrice, e fragmentos cerámicos da época galaico-romana, así como un numisma de Vibia Sabina.

Período II. Fase Suévica(Séculos V-VI d.C.) As unidades estratigráficas relacionadas con este período veñen dadas por dous muros de 70 cm. de ancho, e casi 1 m. de lonxitude, en ángulo aberto dunha
construcción post-castrexa e galaico-romana, probablemente da etapa suévica galega, pero non se recupera material ergolóxico que poda adxudicarlle unha cronoloxía.

Periodo I. Época contemporánea. As unidades estratigráficas relacionadas con este período son sedimentos de terra vexetal e unha capa de terra na que se desenvolveron actividades agrícolas, cultivos realizados no século XX que alteraron o chan en profundidade -40 cm.