Os viaxeiros que se acheguen ata Punta Sarridal terán a oportunidade de disfrutar dun turismo integral, sostíbel, respectuoso co pasado da vila e das súas xentes, comprometido coa Historia e coa preservación da memoria do lugar e, sobre todo, sorprendente.
Situada no noroeste galego, preto de onde o Océano Atlántico se xunta co Mar Cantábrico, Punta Sarridal constitúe un marabilloso exemplo das asombrosas e salvaxes paisaxes atlánticas das Rías Altas galegas, en concreto das comarcas de Ferrolterra e Ortegal, as cales denudan a súa natureza nos cantís máis altos do sur de Europa e a súa espiritualidade no famoso punto de peregrinaxe de San Andrés de Teixido. Nesta península cedeirana se atopan miradoiros máxicos, especies autóctonas protexidas e preciosas calas de augas cristalinas, como a de Sonreiras.
Por outra banda, se o visitante desexa empaparse da historia do lugar, ademáis do coñecido Castelo da Concepción e as baterías costeiras que dan testemuña da historia máis recente da vila, atopará o Castro Sarridal, onde tiveron lugar diferentes campañas de intervención arqueolóxica que tiraron fóra un magnífico monumento con forno, ademáis doutras estructuras e materiais que dan fe dos séculos pasados por este asentamento, das súas xentes e das súas formas de vida.