Cedeira é unha vila costeira do noroeste galego. Bañada polas augas do Océano Atlántico é un lugar privilexiado onde a natureza xoga un papel primordial. As espectaculares paisaxes, así como a abundante flora e fauna converten o entorno nun motor económico e nunha fonte de turismo.

A economía do Concello básase na agricultura e nas actividades derivadas do
mar,pesca fundamentalmente,e marisqueo. O sector gandeiro ocupa casi 7.000 Ha.
de pastizáis,moi repartidos polos altipláns das súas serras.

Na vila de Cedeira atópanse os acantilados de Vixia Herbeira, de 620 metros de altitude, os mais altos da Europa Continental, así como a localidade de San Andrés de Teixido, lugar de peregrinación que ten no Santuario de San Andrés un dos principais templos de culto de toda Galicia.

A orixe da vila é medieval,conservándose o seu antigo casco urbán,algúnhos escudos
de nobles familias da época, como os Andrade, Montenegro e Osorio,a Eirexa
Parroquial, con restos constructivos do século XV,e unha pequena parte da muralla.

Punta Sarridal

A Punta Sarridal é un dos enclaves mais emblemáticos do lugar, combinando un entorno privilexiado coa historia do noroeste galego.

Aquí podemos atopar vexetación endémica, como por exemplo, a linaria aguillonensis ou a crepis novoana.

En canto á fauna, esta zona conta cunha grande diversidade de insectos, atraídos pola frondosa vexetación, e, por suposto, é un enclave magnífico para as aves. Podemos observar á Montícola Solitarius ou Mirlo Azul, ao Corvus Corax, ao Corvus Corone, á Taravilla Norteña ou a Gaivota Común, e, especialmente espectacular, é a visión do Falcón Peregrino.

Na península do Sarridal atópase a praia de Sonreiras, unha das calas mais fermosas da comarca.

Dende o seu faro, pódese observar toda a Ría de Cedeira e a escarpada costa que continúa ata Ferrol.