Na vila de Cedeira, hai evidencias de ocupación dende o período Megalítico , o cal abrangue un período de tempo moi amplo, dende o 4.000 ata o 1.500 a.C.



A Cultura Castrexa

cultura castrexa iníciase o redor do século IX a.C. co paso da Idade de Bronce á Idade do ferro. Desenrólase en Galicia, o norte de Portugal e o occidente de Asturias, León e Zamora. Presenta tres fases ben diferenciadas:

  1. Inicio da Cultura Castrexa: séculos IX – V a.C.
  2. Segunda fase: séculos V – II a.C.
  3. Fase final ou Galaicoromana: séculos II a.C. – I d.C.

Prodúcese un incremento da complexidade social, reflictida entre outros aspectos, na producción metalúrxica. A población inicia un lento proceso de fixación ao territorio ou sedentarismo, onde o control da terra e da súa productividade xeran maior riqueza e o desenvolvemento dunha sociedade agrícola xerarquizada.

Xeneralízanse os poboados fortificados ou Castros. Estos asentamentos poden clasificarse en dous tipos ben diferenciados:

  1. Os Castros de Interior: Situados en lugares de dificil acceso, con mais dun recinto ocupacional e un complexo sistema defensivo rodeando á zona habitacional, a base de fosos, parapetos e murallas. Xeralmente teñen unha forma oval ou circular.
  2. Os Castros Costeiros: Case todos ubicados nunha península que permite unha perfecta defensa do recinto, agás a única unión con terra firme, onde se constuen foxos, parapetos, terrapléns e murallas.

O Castro da Punta Sarridal correspondería a esta segunda tipoloxía, moi común na costa de Galicia. Sen embargo, no Concello de Cedeira existen castros de ambas tipoloxías, como por exemplo, O Castro de Riba (San Román de Montoxo), O Castro de Piñeiro (Piñeiro) ou o Castro de Magoira (Régoa).


O Castro Sarridal

O Castro Sarridal enmárcase na segunda fase da cultura castrexa (s.V-II a.C.), chegando ata a etapa galaicoromana, entorno aos séculos I-II d.C. puidendo pervivir o uso dalgunhas estruturas durante a etapa xermánica, aínda que con usos moi distintos aos orixinais.

Posteriormente o castro abandónase por completo ata as sondaxes arqueolóxicas de 2017.

Presenta un sistema defensivo con dous profundos fosos e dúas murallas, así como a vantaxe da súa localización na península do Sarridal, rodeada de cantís.

O elemento arquitectónico mais destacado é o “Monumento con Forno”, unha estructura adicada aos baños de vapor que conta cunha complexa arquitectura. Ten una antigüidade de 2.250 anos según a datación por carbono 14, o que o sitúa entorno ao ano 230 a.C.


A Batería Costeira

A batería costeira da Punta Sarridal é una estructura construída no S. XVIII que servía como primer emplazamento defensivo da Ría de Cedeira. É unha estructura de pedra situada nunha das terrazas da península, orientada á ría, directamente sobre o cantíl. Foi sustituída polo Castelo da Concepción cando se fixo patente a necesidade dunha maior fortaleza defensiva.


O Castelo da Concepción

O “Castelo da Concepción” foi construido no ano 1.747 a raíz dun ataque inglés á Ría de Cedeira. Foron os propios veciños da zona os que axudaron a levantalo grazas os 9.000 reais procedentes da coroa, pola necesidade dunha maior fortaleza defensiva.

No primeiro momento da súa utilización tivo funcionando 45 cañóns. Arquitectónicamente defínese por ter tres frentes abertos ao mar, cara a ría, con troneiras para cañóns. Ademais, está estructurado en dúas explanadas a distinto nivel, acomodándose ao terreo.

As dependencias domésticas e administrativas sitúanse no nivel superior, adosadas ao muro de peche cara á terra, onde se sitúa a única entrada ao interior do castelo.

Os muros están realizados en mamposto ordinario, de pedra mediana e miuda, e cunha ligazón de cal e area para os muros superiores, e terra para os inferiores. Todos eles foron recubertos con pasteado de cal e area de cor blanca, agás un polvorín, recuberto de cor vermello.

Na década de 1.990 levóuse a cabo unha reconstrucción integral, así como a rehabilitación do castelo, mediante un proxecto de Escola-Obradoiro.

Existen catro fases ben diferenciadas na historia do Castelo da Concepción:

  1. A construcción, uso e alteración do espazo.
  2. A utilización como terras de traballo e cortes de gando.
  3. O abandono posterior, ata a década de 1.990.
  4. A recuperación da estructura e a súa utilización como enclave histórico, albergando un centro de interpretación no seu interior na actualidade.

Actualidade

Na actualidade a Punta Sarridal constitúe un magnífico enclave turístico e natural.

Unha ruta que combina natureza e historia, onde os visitantes poden observar os restos arqueolóxicos do Castro Sarridal, baixar á espectacular Praia de Sonreiras, sentarse nun dos famosos bancos galegos situados fronte ao océano ou visitar o centro de interpretación.

As escavacións arqueolóxicas siguen realizándose en campañais anuais de, aproximadamente, un mes de duración.

O Castelo da Concepción alberga un centro de interpretación sobre a historia, tanto da Punta Sarridal, como da vila de Cedeira. Este centro está aberto ao público durante os meses de verán.